Vigo vÃa nacer este outono a súa primeira sala alternativa para artes escénicas. O Teatro Ensalle abrÃa unha programación estábel de música, exposicións e representacións na liña doutros espazos deste estilo existentes por toda a PenÃnsula. No entanto, teatro Ensalle ten unha peculiaridade fronte a outras salas independentes de Galicia, e é que a súa xénese atópase en Madrid.
Todo comezou cando Pedro Fresnada e Raquel Hernández comezaron a pensar na posibilidade de crear un teatro vencellado á súa compañÃa, a madrileña Ensalle. "QuerÃamos montar unha sala e saÃr do contorno cultural de Madrid, no que estabamos un poucos descontentos", sinala Raquel. Deste xeito, os dous promotores comezaron a buscar unha cidade do Norte da PenÃnsula que reunise as condicións axeitadas para este tipo de negocio. "Buscamos cidades de máis de cento cincuenta mil habitantes e nas que houbese un interese por este tipo de actividades", recoñece Raquel. En xaneiro de 2003 chegaron a Vigo, e comezaron a ver os locais dispoñÃbeis e a analizar se o ambiente cultural da cidade era propicio para unha sala independente, "pensamos que podÃa funcionar e comezamos as xestións para poñela en marcha". Deste xeito, en outubro de 2003 abrÃa a primeira sala de teatro alternativo da Cidade OlÃvica.
A posta en marcha
"Alternativo non é unha palabra que nos guste de máis, pero é que este negocio chámase asÃ", sinala Raquel. "traballamos desde un punto de vista de teatro contemporáneo. O teatro 'casa' con escenografÃa non é xa o que se pide na actualidade, e nós queremos ofrecer algo máis conceptual, máis adaptado a outros niveis". O pasado dous de outubro o espectáculo "La Pecera" da compañÃa madrileña Sintalento Teatro daba unha mostra do que quere ser Ensalle. Representacións diarias de mércores a domingo e concertos os martes, asà coma exposicións de aproximadamente un mes de duración no amplo ambigú do local son as bazas coas que o novo teatro quere funcionar en Vigo. Ademais da programación estábel de espectáculos, os responsábeis da sala organizan tamén cursos de iniciación nas artes escénicas. Polo de agora contan cun grupo de dez afeccionados ao teatro que integran un grupo de traballo e están a organizar un segundo para este ano.
O local
A busca que desenvolveron en Vigo Raquel e Pedro deron cun espazo especialmente axeitado para os seus obxectivos. Despois de acondicionar un baixo da rúa Chile artellaron un local que conta cun auditorio con capacidade para oitenta e unha persoas, unha sala de ensaio que tamén se emprega para impartir cursos de teatro, un espazo de usos múltiples que se emprega para dar concertos, un amplo ambigú e un almacén, asà coma camerinos, oficinas e servizos. Un total de catrocentos metros cadrados destinados ás artes escénicas.
O camiño andado
Nestes primeiros meses de funcionamento, os dous responsábeis están contentos co funcionamento da sala. "O primeiro mes funcionou moi ben, pero hai que facer aÃnda un traballo moi duro de publicidade e de información porque moita xente non sabe da existencia da sala", recoñece Raquel. De calquera xeito, a rendibilidade deste novo espazo aÃnda non é para agora. "Calculamos que isto comece a dar beneficios nun ano ou en dous", sinala. Polo de agora a sala mantense, alén de pola venda de localidades e polos cursos, grazas aos aforros de Raquel e de Pedro, que venderon a súa casa en Madrid para vir en pos do soño de ter un teatro. Polo de agora carecen de ningún tipo de subsidio, xa que, sinalan, "levamos moi pouco tempo funcionando".
Na busca do futuro
Mentres estes dous membros traballan desde Vigo, o resto da compañÃa Ensalle Teatro continúa en Madrid. "Contamos coa xente de sempre para facer cousas pero á vez tes que facer que isto vaia para adiante. É unha fórmula estraña e ás veces é complicado mais pensamos que é beneficiosa para todos", sinala Raquel. Alén de potenciar a actividade da compañÃa, desde o Teatro Ensalle queren "traer compañÃas de todo tipo, que non só as grandes compañÃas comerciais conten cun espazo para traballar". Para alén diso agardan seguir funcionando do xeito máis independente posÃbel e conseguir vivir deste traballo. Polo de agora Ensalle mantén contacto coas tres salas independentes de Compostela, con cuxas liñas de traballo se identifica, e barallan a posibilidade de integrarse nas Rede Estatal de Salas Alternativas. No máis inmediato está continuar coa programación, para o que contan con traer grupos pequenos e diferentes de todo o estado, xa que, segundo recoñecen "é moi difÃcil programar compañÃas galegas que encaixen no noso esquema". Nos vindeiros dÃas, Cuchús Pimentel achegará o flamenco feito en Galicia até a sala. E despois o pano seguirá a se erguer.