O certame de BD de Arteixo chegará este ano máis tarde do habitual

Arteixo 2004, demorado

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Certame de Cómic de Arteixo modificou as súas datas e presentarase a mediados de marzo. Este cambio, debido a cuestións económicas, suporá unha mudanza do que viña sendo habitual nos últimos anos. O certame arteixán, que cumpría a súa octava edición en xaneiro de 2003, é un dos máis asentados da xeografía galega e soíase celebrar en decembro ou xaneiro, aunando concurso, exposicións e talleres de BD. Da convocatoria de 2003 aínda está pendente a publicación da revista coas obras premiadas. A organización do encontro está a traballar nestes temas e a negociar con diversas entidades a viabilidade do evento para esta primavera.



No entanto, os autores afeccionados pódense presentar ao concurso Ágora Cómic até o 31 de xaneiro

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arteixo, Cómic, Xeografía, Exposicións...

Claves

Lugares