Ana chegou a Nova York a bordo do cargueiro Niágara en 1920. SaÃra de Caldelas de Tui aos oito anos e chegaba á outra beira do Atlántico para reunirse co seu pai que traballaba nas fábricas de Thomas A. Edison. A historia de Ana coñecémola a través dela mesma, nunha entrevista que a investigadora Nancy Pérez lle fixo en Santiago o ano pasado. A súa historia é unha das máis de 1.500 entrevistas que desde hai varios anos recupera un grupo da facultade de historia coa finalidade de documentar a historia recente de Galicia cos testemuños dos seus propios protagonistas. É o proxecto Historga.
A Historia, con maiúsculas, está escrita pola sucesión de numerosas historias con minúsculas. As similitudes das vidas de cada individuo poder servir para poder comprender, relacionar e situar os acontecementos históricos; e as súas diferenzas, para ver como lle afectaron os avatares históricos a cada individuo. A historia de Ana é a historia da emigración, coas súas peculiaridades e coas súas singularidades porque cada quen viviu dun xeito diferente.
O proxecto
Desde 1986 un grupo de profesores da Facultade de Historia da Universidade de Santiago decidiron abrir un proxecto para recuperar a historia recente de Galicia a través das voces do seus protagonistas. NacÃa asà Historga, un traballo peculiar sen precedentes en Galicia e que pretendÃa evitar que a historia recente do paÃs se perdese coa morte dos seus protagonistas.
Xurxo Pantaleón, membro do proxecto, explica que "Historga é un fondo de fontes orais sobre a historia recente que se alimenta a partir das investigacións dos profesores, coa colaboración dos alumnos da propia facultade; e con achegas doutras universidades, investigadores e outros ámbitos". E isto amosa dúas especificidades do proxecto. Por unha banda que é un proxecto continuo, porque a historia non se esgota, e mentres haxa experiencias que contar, haberá historia que escribir. E por outro lado, que é un proxecto esporádico, porque non conta cun grupo de traballo fixo e continuo que se dedique a recompilar material, senón que as achegas se fan a partires de investigadores diferentes que recollen historias de vida para traballos propios (como teses, traballos de investigación titelados ou traballos de clase) e que ceden para o fondo.
AÃnda asÃ, explica Xurxo "o núcleo duro está formado por Pilar Cagiao, Isaura Varela e Isabel Castro, que son os que dirixen o proxecto e máis eu que son o que me encargo do traballo de actualización da base de datos e de dixitalización do material". Os profesores teñen sendas liñas de investigación abertas, das que saen moitos materiais que fan parte do arquivo. Alén diso, na facultade ás veces organÃzanse cursiños sobre procesos de recollida de fontes orais nas que se fan experiencias metodolóxicas que acaban ofrecendo algún material.
Ti falas, eu escoito
O procedemento básico de recompilación de material pasa por un tratamento de fontes orais. É dicir, por recuperar os testemuños das voces dos seus protagonistas. AsÃ, o máis habitual son as entrevistas gravadas, que son o material que desde Historga se pretende recompilar e almacenar. As gravacións dixitalÃzanse e os datos de como foron feitas e da historia do informante incorpóranse nunha base de datos que se clasifican, no caso da emigración, por pór un exemplo, en función de datos de destino, lugares de partida e de retorno coas súas datas.
O material
A dÃa de hoxe e logo de 18 anos de traballo, o fondo conta cunhas 1.500 entrevistas feitas arredor de varios fÃos: a República, a Guerra Civil, a represión e a emigración. E para todo este traballo, explica Xurxo "contamos con medios persoais, e cos medios fÃsicos que nos van procurando comprar as distintas institucións". De feito, o proxecto non conta cun orzamento propio, senón que se financia a través do diferentes convenios que a Universidade mantén con outras institucións e asociacións. Por exemplo, agora mesmo hai aberto unha liña de colaboración co Arquivo da Emigración Galega (do Consello da Cultura Galega) para a catalogación e dixitalización dos fondos sonoros do proxecto Historga, co compromiso para que se garde unha copia no Arquivo. Alén da copia que vai para o CCG hai outra que se garda no Arquivo Histórico da Universidade.
O propio Xurxo atende a que é posÃbel que no futuro exista algún tipo de institucionalización; iso si "preténdemos que siga a ser o máis aberta e completa posible". Porque a historia vaise escribindo dÃa a dÃa.