A Xunta crea unha Comisión que impulse e coordine os asuntos relacionados coa Sociedade da información en Galicia

No camiño da sociedade da Información

12/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
19 lecturas | Compartido 0 veces
A Xunta quere entrar de cheo na sociedade da información. E deu outro paso nesa dirección no pasado Consello da Xunta ao aprobar un Decreto que estabelece a creación dunha Comisión Interdepartamental para a Sociedade da Información e o Coñecemento. É dicir, unha comisión que se encargue de impulsar, coordinar, deliberar e asesorar ao goberno ao respecto destas materias. Nese Consello estabelécese que o tempo preciso para a súa creación é de seis meses. E un dos primeiros temas que esa Comisión terá que ter sobre a mesa son os últimos datos da Asociación de Internautas (AI) sobre o número de liñas de ADSL por habitantes. Uns datos que revelan que Galicia conta con 56.000 altas nestas tecnoloxía, sendo unhas das máis baixas de todo o Estado.

Máis información sobre a Comisión Interdepartamental no Consello da Xunta (en .pdf) e sobre os datos das liñas ADSL no web da Asociación de Internautas (AI)


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía

Claves

Conceptos