Oposicións ao ensino, dar cursos ou participar nalgún dos escasos equipos de normalización que existen en institucións e empresas son as saÃdas que encontran a maior parte dos estudantes de FiloloxÃa Galega. No entanto, existen outras posibilidades de vivir da nosa lingua, como están a demostrar os socios de Reverso, unha empresa formada integramente por filólogos que ten coma campo de negocio as traducións e a dinamización lingüÃstica.
En acabando a carreira, e mentres traballan coma bolseiros en gabinetes de normalización e institucións, un grupo de estudantes de FiloloxÃa Galega pregúntanse que poden facer co seu futuro. A falta de oportunidades profesionais e a descuberta dunha demanda en certos sectores empresariais animaron a doce destes filólogos a unirse e pór en marcha unha empresa. Deste xeito nacÃa, a comezos do ano 2002 Reverso Servizos LingüÃsticos. "A idea era crear unha empresa que servise de apoio ao ámbito privado, e que funcionase coma un Servizo de Normalización LingüÃstica dentro da sociedade galega", sinala Antón Lado, director da empresa. "Outra das motivacións fundamentais foi a de dignificar o traballo de técnico en normalización lingüÃstica, de corrector de tradutor..." dada a grande precarización laboral existente no sector. AÃnda habÃa de pasar un ano de intensa actividade, tanto a nivel de traballo como de formación dos socios, antes de que se presentase publicamente esta iniciativa. A saÃda a luz celebrouse no marco dos VII Encontros para a Normalización LingüÃstica que organizou o Consello da Cultura o pasado mes de outubro coincidindo cunha semana de portas abertas na sede da empresa, en Compostela.
Servindo lingua
Servizos lingüÃsticos. Este é o epÃgrafe baixo o que se encadran as actividades de Reverso. Un termo que engloba desde a tradución e a corrección de textos até a organización de obradoiros e de cursos, ou a xestión de subvencións por emprego do galego. "Reverso dedica a meirande parte dos seus esforzos en dinamizar a lingua galega no ámbito empresarial", apunta Lado, quen recoñece que neste mundo "non se ve que o galego sexa rendÃbel" e apunta un déficit na formación dos empresarios neste sentido. En canto a actividade, "o asesoramento lingüÃstico é o servizo estrela da empresa, mais tamén nos solicitan servizos de formación e de dinamización. O que menos se demandou foi o de xestión lingüÃstica para empresas, mais agardamos que fose polo pouco que o publicitamos". De calquera xeito, a demanda existe: "Nalgúns sectores coma o editorial a demanda é real, noutros non se demanda tanto un uso correcto da lingua, coma unha mellora da comunicación empresa-cliente".
Asesoramento
Aos xa habituais servizos de tradución e corrección, a empresa ofrece na súa área de asesoramento outros menos convencionais coma a transcrición de textos a partir de gravacións de audio ou de documentos manuscritos asà coma a elaboración de breves manuais con consellos e normas sobre o emprego do idioma galego para empresas. Un dos servizos peculiares que dá Reverso é un completo traballo de edición de textos, desde a tradución e corrección dun orixinal até a xestión dos procesos de deseño, maquetación e impresión e a corrección de probas, seguindo todo o proceso e edición até chegar ao formato libro. Desde a empresa recoñecen que este servizo está aÃnda en desenvolvemento e que se porá en marcha ao longo deste ano.
Dinamización
A pesar de que estamos afeitos a que as iniciativas de normalización do idioma xurdan desde asociacións sen ánimo de lucro e de institucións públicas, de Reverso teñen clara a existencia dun lugar para a iniciativa privada neste tipo de actividades. Deste xeito na empresa deseñan, organizan e imparten obradoiros de normalización lingüÃstica empregando técnicas de pedagoxÃa e de animación sociocultural. Dun xeito máis amplo, ofrécense para organizar estudos sociolingüÃsticos e plans de normalización, achegando mesmo asistencia técnica para a execución dos mesmos. Para alén de administracións de todo tipo, os socios contan con cámaras de comercio e empresas de todo tipo coma potenciais clientes. "De momento algunha empresa solicitou a nosa asistencia para regular o galego dentro da organización. Penso que as perspectivas no ámbito empresarial son mellores dos que agardabamos", apunta Lado.
Máis e futuro
Para axudar ás empresas na aplicación do galego, desde Reverso ofrecen tamén xestión de axudas e subsidios para financiar estas actividades. Finalmente, a organización de cursos para sectores profesionais especÃficos coma xornalistas e administrativos ou sobre temas especializados para filólogos, fan tamén parte do campo de negocio da empresa. Polo de agora organizaron xa un curso de galego para opositores, outro para preparar unha oposición a Técnico Superior LingüÃstico e un último centrado nos labores de asesoramento nos servizos lingüÃsticos". De cara ao futuro están a preparar varios obradoiros de dinamización lingüÃstica asà coma novos cursos de formación, entre eles un de formación para correctores lingüÃsticos que comezará a vindeira primavera.