Vimbio Comeza o Xogo co seu primeiro disco

Ponteareas acolle este 30 de xaneiro a posta de longo do álbum dá inicio á xira de presentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Vimbio Comeza o Xogo co seu primeiro disco

A sala JJ Copas, en Ponteareas, acolle este 30 de xaneiro a festa de presentación de Comeza o Xogo. A banda Vimbio lanza este seu primeiro traballo discográfico cunha aposta que combina xéneros como o rap metal, o nu metal ou toques punk e hardcore. O álbum recolle dez temas nos que conta con colaboracións dos históricos nomes da escena galega do rap Nadie González e Hugo Guezeta. Alex Arnoso, antigo membro de SonDaRúa, comanda esta formación na que conflúen veteranos da escena metal galega.

A crítica social, a presión do grupo ou os problemas do cambio climático están presentes en diferentes temas deste lanzamento, no que predominan guitarras e ritmos sen pausa. Desde sons mais achegados ao rap como Seres de luz ou Crise a propostas máis punk como Eu non quero traballar ou Neste lugar e Neste momento, a enerxía é a marca deste álbum autoproducido e autoeditado pola propia banda. A xira de presentación continúa o 7 de febreiro no Pub Gatos de Melide), o 21 de febreiro na Casa das Crechas (Santiago de Compostela), o 14 de marzo no Centro Social Artábria (Ferrol), o 18 de abril na sala Kominsky (Vigo), o 2 de maio na sala Mardi Gras (A Coruña) e, por último, o 4 de xullo no festival Muíños da Costeira (O Porriño).

Que che parece esta nova?
284 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vimbio, Ponteareas, Escena Galega, Crise...