Se a cultura galega fora unha fábrica, a súa capacidade produtiva ficarÃa demostrada neste ano. A catástrofe, pero se cadra tamén a catarse, do Prestige, orientou unha boa parte do que a cultura do paÃs deu de fresco, de novo e de vivo durante o 2003. Hai algúns procesos, como unha maior unificación da normativa da lingua, unha maior estruturación do sector audiovisual, a recuperación da traumática memoria da Guerra Civil e a perda demográfica son constantes e tendencias que definiron o ano.
Recollendo os froitos que o chapapote sementou
En novembro do 2002 o Prestige embarrancaba no litoral de MuxÃa. A catarse que supuxo para importantes sectores da sociedade galega tivo o seu reflexo na produción cultural. Exposicións, libros que encabezaron as listas de vendas, proxectos artÃsticos colectivos, fotografÃa, documentais audiovisuais, libros infantÃs, discos, sitios web, xornadas cientÃficas e de debate, revelaron as amplas capacidades da cultura galega por producir sÃmbolos, por producir imaxes, por reaccionar fronte aos acontecementos. A modernidade revelouse presente neste cabo do mundo: as propias plataformas de protesta crearon identidade corporativa “vendible” para financiaren as súas actividades a través do lanzamento de diferentes produtos multimedia. A adaptación, reinvención ou mesmo invención de estratexias de marketing aplicadas a nós mesmos definen a vitalidade e a visión de futuro de novos colectivos culturais emerxentes e dun novo xeito de facer a cultura máis próxima á sociedade e ao presente inmediato.
Ciencia dende a base
O 2003 foi un ano de promesas. Botando a ollada para atrás, podemos atopar numerosos proxectos con data de peche final. Nos resultados concretos, sobrancea a dimensión inventiva e creativa. Diferentes grupos de investigación, mozos e mozas a tÃtulo individual presentan as luces nun panorama difÃcil. As luces: descubrimentos coma o da luz lÃquida, un dos dez achados máis importantes do ano no mundo da fÃsica, segundo o Instituto Americano de FÃsica, por parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo, ou os diferentes premios e mencións obtidos por mozos e adolescentes. As sombras: o feito de que as empresas e universidades galegas continúen figurando á cola do gasto en I+D do Estado. A ConsellerÃa de Innovación puxo en marcha programas –o Isidro Parga Pondal- para evitar a fuga de cerebros e un Plan Estratéxico de Innovación ata o 2010 destinado a tentar incrementar o gasto ata chegar ao 1% do produto interior bruto do paÃs.
Estes primeiros vinte anos
O 9 de decembro, un multitudinario acto reunÃa no Consello da Cultura Galega a boa parte das institucións galegas para conmemorar os primeiros vinte anos da institución. O Consello da Cultura Galega, un produto atÃpico da época da transición do franquismo foi creado baixo o liderazgo de Ramón Piñeiro. A institución naceu recollendo o legado da tradición galeguista e intelectual que permanecera na semiclandestinidade durante a ditadura e artellouse como un organismo consultivo e independente dentro do estrutura administrativa da autonomÃa galega. Nos últimos anos, a expansión do Consello da Cultura Galega foi intensa, diversificando as áreas da cultura ‘tradicionalÂ’ e abranguendo o patrimonio natural, a ciencia, a tecnoloxÃa e, nomeadamente, Internet. O seu Presidente, Alfonso Zulueta, sinalou no acto de conmemoración cales eran os “desafÃos deste tempo” para o CCG: "a utilización das novas tecnoloxÃas da información para potenciar e proxectar a cultura de Galicia e desde Galicia, favorecendo o imprescindible diálogo intercultural. Trátase de levar á Rede reflexións, propostas, iniciativas e proxectos galegos”.
Unha renovación galáctica
Tamén é un tempo sinalado no mundo editorial. A editorial máis antiga, a viguesa Galaxia, cumpriu 50 anos acollendo a expresión do pensamento e da cultura de Galicia dende o franquismo. Os cambios máis notábeis proveñen da nova dirección de Galaxia, agora da man de VÃctor Freixanes, escritor, xornalista, profesor e antigo alto executivo do grupo editorial español Anaya. Galaxia, baixo o rumbo de Freixanes, está a abrir espacios para novos autores pero tamén relanza clásicas coleccións e produtos da editorial, coma a revista de pensamento Grial, agora máis vinculada ao presente, cunha maior presenza da imaxe e máis diversidade de formatos textuais. Pola súa banda, determinados autores reveláronse como claves para a interpretación do paÃs dende o exterior. Foi este un ano intenso, por exemplo, para o escritor Suso de Toro, quen denunciou en libros e artigos en diferentes cabeceiras da prensa estatal as atitudes gobernamentais fronte ao Prestige e que foi galardoado en outubro co Premio Nacional de Narrativa pola súa novela de suspense: “Trece badaladas” (Xerais, 2003). Ao mesmo tempo, culturagalega.org renovaba o seu soportal literario lg3, ofrecendo en Internet un espacio de ampla información relacionada coas novidades do mundo literario.
A memoria que volve
Tiveron que pasar 27 anos dende a morte do xeneral Franco para que, ao longo do paÃs, a memoria dos difÃciles tempos da Guerra Civil, do exilio e da represión sobre os republicanos se conmemore en diferentes actos. O resultado son eventos que combinan relatorios cientÃficos con homenaxes ás diferentes vÃtimas do franquismo: moitas veces, as conclusións deses eventos adoitan esixir das administracións públicas medidas concretas de rehabilitación dos vencidos, da súa memoria e das agrupacións destruÃdas.Neste ano, vimos tamén o relanzamento e xurdimento de novas asociacións que buscan desenterrar os mortos das foxas comúns asasinados polos golpistas. Celanova celebrou homenaxes aos presos da prisión que os xenerais franquistas instalaran no mosteiro de San Rosendo; Pontevedra declarou o ano 2003 como “Ano Bóveda” e celebrou un congreso sobre a figura do escritor no seu tempo; Narón acolleu o “Congreso da Memoria”, que analizou a mecánica da represión en Galicia durante o conflito bélico e a posguerra. A primeira das conclusións deste congreso define ben o obxectivo destas diferentes entidades: “a recuperación da memoria histórica democrática para saldar a débeda coas vÃctimas do franquismo e con tódolos homes e mulleres que mantiveron en condicións extremadamente adversas a bandeira da liberdade e da democracia”.
A lingua que se regula
Foi este un ano intenso para a normalización da lingua galega. Dunha banda, en xullo a Real Academia Galega (RAG) aprobou a reforma ortográfica da lingua galega, chamada de xeito informal, “normativa da concordia”, co obxectivo de solucionar discrepancias entre diferentes colectivos usuarios da lingua. Sen embargo, o retraso na publicación da nova normativa provocou confusión nos usuarios, non ausente de polémica. Ao final, a RAG fixo oficiais e públicos os cambios en rolda de prensa o 27 de decembro. O activismo en prol da lingua que encarna a Mesa pola normalización lingüÃstiva viviu un relanzamento co cambio dos estatutos da entidade prestando unha atención sinalada nos aspectos sociais. Ao mesmo tempo, diferentes entidades comezaron a redactar ou aplicar os seus planos de normalización lingüÃstica, como a Universidade de Vigo ou o Concello de Ferrol.
Canteiras de pentagramas
O ensino musical está a pór a punto unhas infraestruturas que se revelaban anticuadas e insuficientes. En abril, trinta conservatorios xuntáronse en Melide para crear a Asociación Galega de Conservatorios Municipais. Mantiñan problemáticas comúns, coma o feito dun escaso financiamento derivado de dependeren dos orzamentos municipais. Nalgúns casos, o proceso foi profundamente polémico. En Santiago de Compostela, a decisión do Concello de crear unha Escola Municipal de Música e a construción do novo conservatorio da Xunta supuxo deixar esquecida a unha centenaria institución: o Conservatorio de Santiago, dependente da Sociedade de Amigos do PaÃs dende hai cincuenta anos. Ao mesmo tempo, a Xunta completaba o seu plano para a formación musical nas sete grandes cidades inaugurando, tamén en abril, o segundo conservatorio de Vigo.
Ano de organización no audiovisual
A principal tendencia é a prioridade que ten o audiovisual sobre o resto de sectores, ante a continuada demanda de cartos que fan as salas alternativas e os circuÃtos teatrais, alén duns premios Max que trouxeron máis polémica á xerada repulsa ao goberno logo do Prestige. No mundo audiovisual creouse un rexistro de empresas e de profesionais que desenvolven actividade profesional; naceu Crea, un organismo de representación e defensa dos directores e os realizadores do audiovisual; constituÃuse o Clúster, punto fundamental para a consolidación do sector audiovisual como área de negocio e fóronse abrindo axudas e concursos públicos de diferentes institucións (Igape, ConsellerÃa de Innovación, Ibermedia, CRTVG..) para cumprir ese dito de que esta serÃa a lexislatura do audiovisual. Foi tamén o ano no que Filmanova realizou unha forte aposta ao anunciar unha amplicación de capital, no que RosalÃa Mera creou unha nova productora e no que FÃlmax concentra a toda a producción da súa animación en Galicia co selo Filmax Animation que presentou a final de ano a súa primeira produción: “O Cid, a lenda”. O 2003 deixou un baile de cifras, o que se produciu entre o ODA e a Xunta en relación ás produccións feitas e estreadas no ano anterior e que supoñen puntos de vista diferentes sobre cal é a realidade do audiovisual. E mentres tanto o Prestige segue a surtir efecto en curtametraxes, produccións, festivais e un proxecto de longametraxe que se estreará no 13 de novembro de 2004.
Contentores para un novo polo
A suma de iniciativas relacionadas coa catástrofe do Prestige, plasmadas en proxectos individuais ou colectivos de expresión artÃstica e a proxección externa dos valores do paÃs a través de certames, premios e concursos. No ano tamén se vivÃu a inauguración da nova sede da Fundación Seoane en maio, cunha exposición sobre Seoane e os pintores da vangarda do seu tempo. A sede da Fundación tamén acollerá unha exposición permanente con máis de duascentas obras do artista. O CGAC, pola súa banda, cumpriu este ano dez anos de existencia buscando un futuro como “centro de ideas” que acheguen novas tendencias creadores e non, estrictamente, como un museo receptor de obras. Vigo, pola súa banda, está a configurarse claramente coma o polo cultural do sur do paÃs, presentando este ano dous novos edificios culturais: o polémico Verbum, ou Casa das Palabras, e o Museo do Mar, un espacio arquitectónico rehabilitado que, co proxecto museÃstico “A mares” e o concurso “Olladas oceánicas” tivo un interesante arrinque.