Co gallo do ano Xacobeo a editorial 3C3 anuncia que vai pór nas librarÃas tres obras centradas en Compostela e na celebración do Ano Santo. “As peregrinacións xacobeas” de Francisco Fernández del Riego, “Compostela, vella memoria” de Ricardo MartÃnez-Conde, e en castelán “40 aventuras al final del camino” de Andrés Villar e Rubén Suárez Carballo son os tres tÃtulos cos que a editorial quere aproveitar o tirón do Xacobeo 2004. No último trimestre do 2003, 3C3 publicou tres novos libros ”Desde Santiago. Personas y aconteceres” de José Mª DÃaz Fernández, “Imperio norteamericano e capitalismo global. Do 11 de setembro a Iraq”, de Carlos Taibo, e “Palabras para un parque hidráulico”, de David Creus. Deste xeito, a editora cumpriu o seu programa de publicar unha ducia de tÃtulos neste ano que acaba. Para o conxunto do 2004, os editores de tresCtres estudan a publicación dunha vintena de novos tÃtulos. Ademais 3C3 anuncia tamén a súa intención de contar proximamente coa súa propia páxina web.