Dez producións novas reinterpretan 'Barullo' de Baiuca

O disco 'Barullo remixes' reúne produtores diferentes nunha revisión absoluta do álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Dez producións novas reinterpretan 'Barullo' de Baiuca

Co 'Barullo Tour' enchendo salas e a piques de comezar esta semana a súa parte internacional en Glasgow e Londres, o último álbum de Baiuca ('Barullo', Raso estudios 2024) ven de ser obxecto dunha re-interpretación dando como resultado un disco novo: 'Barullo Remixes' (Raso ezstudios, 2026). Cada un dos temas do disco orixinal aparece aquí r-editado a cargo dun produtor diferente da escena electrónica contemporánea..

Así preséntase como "ultra-clubbing" este traballo, que xa foi adiantando temas como 'Sísamo', de DJ Raff; 'Barullo' de PANASOMA; 'PAEQB' de Ale Acosta ou 'Xoia' de Fernanda Arrau. Agora dánse a coñecer o resto das mesturas e produtores suman o seu propio son e imaxinario ao de Baiuca completando o álbum. Desde o italiano Bawrut á andaluza DALILA, a alianza de produtores galegos crnds e Juait, o belga Cain, a donostiarra Alvva ou o malagueño Glow achegan as súas propias frecuencias ás cancións do último álbum de Baiuca, levando o cancioneiro a territorios de sub-xéneros electrónicos que van desde o dub máis cósmico ao tech-house, o trance, a electrónica experimental ou clubbing. O tour continuará por Valencia, A Coruña, Xixón, Bruselas, Bilbao, Pamplona e Sevilla antes de internarse no circuíto de festivais de verán.

Que che parece esta nova?
264 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiuca, Glasgow, Londres, Bandcamp...