O proxecto Regatos polo aire recupera a memoria das sellas

A iniciativa combina contidos web, audiovisual e un libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Capa do libro Regatos polo aire

Capa do libro Regatos polo aire

Un documental de Xacio Baño, un libro coordinado por María Lado e unha galería de fotografías históricas compoñen o proxecto Regatos polo aire. A firma Rebordelos promoveu esta iniciativa multimedia que se centra no papel das sellas de auga na sociedade tradicional.

Un dos principais contidos desta proposta é o documental de Baño, no que se retrata o traballo do artesán José Vicente Lagoa a fabricar estes recipientes, fundamentais para o subministro de augas ás casas na sociedade rural galega. Canda a isto, o volume do proxecto recolle textos de Xerardo Pereiro, Llerena Perozo, Carme Varela, Emma Pedreira, Suso Bahamonde, Diego Ameixeiras e Susana Sanches Aríns, a incluír unha galería de fotografías históricas centradas neste patrimonio.

Un espazo web a presentar o proxecto e achegar unha selección de contidos completan o proxecto, que contou co apoio do Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social 2025 da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
192 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito