Bieito Iglesias e Eduardo Rolland gañan os premios periodísticos Blanco Torres e Johán Carballeira

Comunicar tamén leva premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O traballo desenvolvido por Bieito Iglesias na sección "Días soltos" da revista Tempos Novos e na súas columnas no semanario "A Nosa Terra" acaban de valerlle o premio Blanco Torres convocado polo concello de Cuntis e a Universidade de Santiago. E tamén de comunicación é o premio "Johán Carballeira" que recaeu no xornalista vigués Eduardo Rolland pola publicación "A aldea perdida". E, para completar o panorama de premios, o venres entregáronse os Premios da Música Maketón Estrella Galicia. O galardón ao mellor produtor foi para o mánager de Mercedes Peón e Xosé Manuel Budiñ, Segundo Grandía. E o mellor disco foi para o grupo Medusa por "Longa duración".

Máis información sobre o premio Blanco Torres en La Voz de Galicia e sobre o premio Johán Carballeira na edición de hoxe de Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Rolland, Bieito Iglesias, Eduardo Rolland, Mercedes Peón...