Compostela acolle desde mañá Clave Sónica, unha experiencia conxunta de músicos e poetas

Canta poesía

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a de Músicos en Lingua Galega (AMELGA) poñen en marcha a partir de mañá Clave Sónica, unha experiencia na que pretenden fundir as dúas artes. A iniciativa consistirá en tres obradoiros nas que textos de poetas coma María do Cebreiro, Lucía Aldao ou Lino Braxe se mesturarán con músicas de estilo folk ou electrónica. Ademais dúas mesas redondas reflexionarán sobre as relacións entre son e palabra. Totalmente aberta ao público, os interesados poderán coñecer a experiencia no compostelán Auditorio de Galicia a partir da catro da tarde do venres e das dez da mañá do sábado. Como peche, o Teatro Principal da cidade acollerá un concerto no que se amosará o resultado desta interacción poético-musical. A entrada será de balde.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Vieiros, Poesía, María do Cebreiro...