
A presentación do volume, subtitulado Crónica e descrición de persoas, músicas e cantadelas contará coa intervención de Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e responsable do Arquivo do Patrimonio Oral e da Identidade, ValentÃn GarcÃa, secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica; Diniz Cabreira, socio de Companha Editora; Xosé Quintás Canella, músico, cantante e prologuista do libro e mais Baldomero Iglesias. O acto fechará cunha actuación musical a cargo de Miro Casabella.
Segundo recolle a descrición do volume, o cego representa unha "figura arquetÃpica, evocada polo tempo cunha visión amábel e poética, representaba un modelo humano moi propio, convertido en referente estético e simbólico". A salientar a importancia deste oficio na transmisión do patrimonio musical tradicional, apunta que o autor apunta que "eran, en esencia, xograres modernos: persoas que vivÃan da música, malia estar sometidas a unha vida dura. Lograban converterse no centro expectante das feiras, declamando con voz quebrada relatos tráxicos e, logo, ofrecendo os papeis impresos que prolongaban esas historias arredor da lareira. O humor, a ironÃa e as picardÃas acompañaban romances, cantigas e relatos de crimes, nun oficio condicionado pola falta de vista pero asumido con orgullo, nunca como mendicidade, senón como traballo digno".