'San Simón' gaña a Calpurnia galega do XXX OUFF

O filme croata 'Sanbag Dam' gaña a Sección Internacional

O filme croata 'Sanbag Dam' gaña a Sección Internacional
Pousado premiados OUFF
O Auditorio Municipal de Ourense acolleu este sábado a gala de clausura da 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF), conducida por Lucía Rodríguez e Secun de la Rosa. A cerimonia combinou humor, dinamismo e momentos de emoción para recoñecer o mellor do audiovisual galego e internacional, cun total de 14 premios entregados. O filme 'San Simón' de Miguel Ángel Delgado, acadou a Calpurnia a Mellor Película na Sección Oficial Panorama Galicia, mentres que o Premio á Mellor Curtametraxe Galega foi para Hippocampus, de Xaime Miranda. Na Sección Oficial Internacional o filme croata 'Sandbag Dam' levou a Calpurnia a Mellor Película.

O palmarés desta edición complétase con outros dez galardóns. Dentro da Sección Oficial Panorama Galicia os premios estiveron moi repartidos polas diversas producións presentadas. O realizador Antonio Caeiro levou o Premio á Mellor Dirección polo filme 'Lola', mentres que o de Mellor Guión foi para Lucia Dapena e Liliana Díaz por 'O Silencio Herdado' dirixida por Lucía Dapena. O Premio AISGE á Mellor Interpretación recaeu en Lucía Veiga polo seu traballo en 'Mi Ilustrísimo Amigo' de Paula Cons. O público outorgou o seu premio ao filme 'Te separas mucho', de Paula Veleiro. Dúas mencións especiais foron entregadas polo xurado da sección: 'O meu nome é Camba', de Aser Álvarez; 'Rapa, xente ao monte', de Alejandro Enriquez.

Dentro da Sección Oficial Internacional o palmarés inclúe tamén o Premio Carlos Velo á Mellor Dirección para a realizadora Cris Tapia Marchiori polo filme Gatillero. O filme grego Utopolis obtivo o Premio ao Mellor Guión e o Premio Especial do Xurado. Nesta sección internacional o galardón á Mellor Interpretación foi para o actor Frank Dillane, polo seu traballo no filme Urchin, acadando unha mención especial Lav Nososel, por 'Sandbag Dam', o filme vencedor da sección. No apartado internacional pechan o palmarés o Premio Cima á Mellor Cineasta que foi para Nayra Ilic por 'CuerpoCeleste' e o Premio do Público, que foi para 'Io e il Secco' (Italia). A Mellor Curtametraxe Internacional deste ano foi 'And Thats For This Christmas' de Peter Vulchev.