As vodas de prata de Xerais e o 75 cabodano de Losada Diéguez aumentan as contías dos seus certames literarios

Aniversarios cotizados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Co ano 2004 chegarán dous celebracións ben diferentes que terán consecuencias en tres certames literarios. Por unha banda a editorial Xerais celebra os seus vintecinco anos de actividade o que se trasladará en presentar un novo logotipo que incluirá unha referencia aos vintecinco anos en números romanos que se engadirán á xa coñecida xis da editorial. Tamén influirá a celebración coa suba das contías dos premios Xerais e Merlin que esta editorial convoca pasando ter unha dotación de 15.000 e 7.500 euros respectivamente. Pola outra banda os Concellos de Boborás e o Carballiño e a Deputación de Ourense que convocan o premio literario Antón Losada Diéguez en memoria deste escritor están decididos a que o 2004 sexa un ano especial polo 75 cabodano do escritor publicando cartas inéditas e levando adiante actos na súa memoria. Ademais esta celebración que se fará moi patente nos dous concellos tamén influirá elevando a contía do premio do certame ata dobrar a actual, chegando a conceder 12.000 euros ao gañador.

Máis información en La Voz de Galicia e mais en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Deputación de Ourense, Galicia Hoxe, Carballiño...