
Centrado na literatura infantil e xuvenil, foi autor en solitario de obras como A biblioteca de Pedrarcana e O caderno de Roque, publicado con xerais, e en colaboración con Enrique Mauricio asinou unha trintena de libros, na súa maior parte publicados por Lela Edicións, a incluÃr obras sobre diferentes persoeiros recoñecidos do DÃa das Letras Galegas. Apoiou esta produción con multitude de sesións de narración oral e obradoiros de ilustración que o fixeron coñecido por todo o paÃs.
Entidades como o Salón do Libro, o Festival de Cans, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, Edicións Xerais, o festival Sete falares, o Museo de Pontevedra ou a ConsellerÃa de Cultura amosaron o seu pesar polo pasamento.