Esta fin de semana veu cargada de premios para dar e tomar desde diferentes puntos. Por unha banda en Padrón, logo da polémica pola constitución do xurado, decidiuselle outorgar o premio Maruxa Villanueva a Roberto Vidal Bolaño polo seu saber facer tanto enriba como por detrás dos escenarios. Máis lonxe, desde Madrid chega o premio "Carmen GarcÃa Bloise" para tres galegos (Manolo Rivas e os irmáns López Cobo) polo seu traballo de defensa das liberdades públicas e apoio ós máis débiles. E aÃnda máis lonxe, en Francia, Miguelanxo Prado acadou onte o Grand Boum (gran premio) do festival de Banda Deseñada de Blois por toda a súa producción artÃstica. Para todos os gustos.
E empezamos por Padrón
O busto de Maruxa Villanueva presidiu e encabezou o acto que no seu nome organizou o concello de Padrón para outorgar os primeiros Premios de Interpretación Maruxa Villanueva de Teatro. Uns galardóns que viñeron cargados de polémica desde o primeiro dÃa da súa presentación, entre outros motivos, porque pola composición do xurado que foi duramente criticada por membros da oposición.
E o primeiro homenaxeado neste certame foi Roberto Vidal Bolaño por toda a súa tarefa adicada á producción escénica. Bolaño subÃu ó escenario para recoller o seu galardón (200.000 pesetas ademais dunha estatuÃña de bronce, réplica da inaugurada nos XerdÃns da Casa-museo de RosalÃa, feita polo escultor local Camilo RodrÃguez) e nel recordou a importancia da figura de Maruxa Villanueva dentro do teatro "un faro par o teatro galego, moitas veces esquecida, pero cunha dedicación plena e a esperanza, case sempre defraudada, de poder vivir co teatro".
Tralo momento de entrega do premio, Andrés Pociña, da Universidade de Granada, ofrece unha conferencia titulada "Maruxa Villanueva na historia do teatro galego" Este gran coñecedor da súa figura destacou o paralelismo da súa figura coa de RosalÃa de Castro e puxo o acento no seu labor realizado na emigración.
A homenaxe rematou cun concerto a cargo do grupo de gaitas de San Pedro de CarcacÃa.
En Madrid hard trick galego
O escritor galego Manolo Rivas acaba de ser galardoado pola Fundación Ramón Rubial-Españoles co premio "Carmen GarcÃa Bloise" polo seu traballo de honra ós que mantiveron a súa traxectoria de defensa das liberdades públicas e apoio ós máis débiles asÃc omo os que destacaron no pasado e no presente no seu labor de apoio e de axuda a refuxiados, emigrados por causa das guerras, de condicións económicas desfavorables ou doutras causas lÃmite.
Manolo Rivas non recibe só este premio xa que tamén resultaron galardoados os irmáns MartÃnez Cobo. Dous médicos galegos que residen en Tolousse (Francia) onde desenvolven o seu traballo.
Os premiados recibirán hoxe os seus galardóns da man do presidente da do PSOE e da Xunta de AndalucÃa, Manuel Chaves e a secretaria executiva, Lentxu Rubial, na súa calidade de presidente e vicepresidente da Fundación.
Desde Francia un premio máis
E por ultimo, e máis lonxe está o galardón que recibiu o debuxante e guionista Miguelanxo Prado no Festival de Banda Deseñada de Blois (Francia). Un premio, o Grand Boum (Gran Premio) que pretende homenaxear toda a producción artÃstica da súa carreira. Con este galardón os organizadores do festival decidiron premiar a súas creacións que, segundo eles, "se caracterizan por un certo pesimismo e unha visión mordaz e irónica das relacións humanas, dominadas pola incomunicación".