O 25 de xullo de 1934, Castelao ingresaba como membro da Real Academia Galega coa lectura do discurso As cruces de pedra na Galiza. A coincidir co aniversario do acontecemento e no Ano Castelao, a Real Academia Galega fixo pública a colección de documentación relacionada con este ingreso. O legado, que se pode consultar na rede, inclúe tanto o mecanoscrito do discurso como correspondencia coa entidade arredor do nomeamento.
Nas cartas agora publicadas, Castelao expresa o seu desexo de que fose Antón Vilar Ponte, que ingresou como membro da entidade un dÃa antes ca el, quen lle dese a réplica ao seu discurso de ingreso, un texto que tamén se pode consultar no espazo web que habilitou a RAG con ocasión do aniversario. Ademais, tamén se pode consultar a proposta na que Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Marcelo MacÃas elevaron ao pleno da entidade a proposta de nomeamento de Castelao e o dossier de prensa da época que dá conta do ingreso.