
Tras dous anos prodigándose polos escenarios do paÃs intensamente, o dúo fai agora virtude da pausa creativa e ofrece, neste 'Hibernarse' unha proposta multiformato que inclúa, ademais destes catro temas, un videofilme, un fanzine, unha colección de xoias (creada da man de Toda Frágil) e unha colección de bolsos da man de Que Se Queres Bolsa. Todos estes elementos conforman un universo no que MarÃa SOA e Sara Faro fan un chamado sobre a pausa necesaria que esixen os procesos creativos e artesanais. O novo traballo discográfico de Fillas de Cassandra, producido por Greta ChÂ’aska, Mumbai Moon e por elas mesmas, é o resultado dun proceso de maduración musical e discursiva fiado devagar polas artistas, que irromperon con forza no panorama musical galego coa publicación do seu aclamado álbum debut, Acrópole (2023, Tremendo Audiovisual). Esta nova proposta pretende tamén marcar un descanso na súa intensa actividade, o grupo asina unha defensa do traballo manual, da paciencia e da autenticidade da artesanÃa "como formas de resistencia fronte a un mundo gobernado pola rapidez, a uniformidade e a optimización da produtividade da industria moderna".