
A Asociación de Gaiteiros Galegos lamentou a recente morte de Xesús Pérez González, lutier moi ligado ao obradoiro-escola de instrumentos musicais da Deputación de Lugo. Pérez González incorporouse ao obradoiro en 1975 e alà "desenvolveu unha intensa labor a favor da difusión da zanfona e formación de futuros artesáns". Pérez González destacou pola construción das primeiras zanfonas en dúas tonalidades diferenciadas, en colaboración con Luciano Pérez e Antón Corral. O lutier tamén destacou por facer reconstrucións históricas coma o organistro medieval, as cinfonÃas das Cantigas de Alfonso X e copias de modelos tradicionais únicos.