Dezasete libros en galego no catálogo OEPLI 2024

A selección recolle os mellores libros infantís e xuvenís do Estado do ano 2024

Vén de publicarse o catálogo que cada ano elabora a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil cunha selección dos mellores libros infantís e xuvenís publicados no ano 2024 nas catro linguas representadas na OEPLI polas seccións: GÁLIX, IBBYCat, Galtzagorri e Consejo. Este ano son 17 as obras en lingua galega presentes nesta selección, distribuídas nos diferentes niveles de idade lectora, desde máis de 3 anos ata xuvenil. As obras seleccionadas obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente. Desde o sistema literario galego no catálogo están presentes libros de varias editoriais como Galaxia, Xerais, Cuarto de Inverno, Embora, Cumio ou Baía con libros no noso idioma. En canto aos autores, esta selección difundirá as obras de autores como María Solar, Ledicia Costas, Héctor Cajaraville, Fran Alonso, Suso de Toro, Abel Tome ou Pinto & Chinto, entre outros.Entre outras obras está o texto teatral 'Fóra de campo' (Ed. Galaxia) de Rosalía Fernandez Rial, gañadora do Premio Vidal Bolaño 2024 e 'I´m Obelix' (Eds. Xerais), coa que Raquel Fernández gañou o Premio Jules Verne 2024. O catálogo xa está dispoñible na rede.