A Asociación Amigos de la Ópera da Coruña presentou a súa 73ª Temporada LÃrica que, como é habitual, comezará o vindeiro mes de setembro. A primeira gran cita do programa será a ópera Carmen, que se representará os dÃas 5 e 7 de setembro no Pazo da Ópera baixo a dirección do prestixioso director de escena Calixto Bieito, que chega á cidade herculina tras triunfar en grandes teatros internacionais e para conmemorar os 150 anos da primeira posta en escena da popular obra do francés George Bizet. Entre setembro e decembro o programa ofrecerá unha vintena citas para os amantes do xénero lÃrico, entre recitais, galas e actividades formativas e divulgativas. A Temporada LÃrica da Coruña conta para a súa organización co apoio económico da Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración coa Agadic dotado con 160.000 euros.
A montaxe de Carmen contará con produción galega e reunirá sobre o escenario preto de 100 artistas que se sumarán aos músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección musical de Gianluca Martinenghi nun espectáculo cun elenco encabezado por Sofija Petrovic como Carmen; Brian Michael Moore como Don José, Jean-Fernand Setti será Escamillo e MarÃa José Moreno como Micaela. O elenco completarase con presenza galega nas voces de cantantes da Coruña como Susana GarcÃa no papel de Frasquita, Irene Zas como Mercedes e Pedro MartÃnez Tapia como Morais. O barÃtono cambadés Jacobo Rubianes interpretará o rol de Zuñiga e Lle Dancaire será o ferrolano Gabriel Alonso. Xunto a eles os coros Gaos e Cantabile, baixo as direccións de Fernando Briones e Pablo Carballido, respectivamente, completarán as voces dos solistas. Na véspera da estrea, o dÃa 4, celebrarase unha conferencia sobre desta obra a cargo de Irene de Juan Bernabéu.
Mozart, Debussy e o sopranista Samuel Mariño
O mes de setembro continuará coa conferencia previa á ópera de Mozart 'La finta semplice', que se poderá gozar os dÃas 26 e 28 de setembro no Teatro Colón, cunha produción propia Ãntegra de Amigos da Ópera e asinada por Gianmaria Aliverta. Un ano máis, o programa volve apostar por transmitir a maxia da ópera a escolares a través de dúas sesións dobres de Ópera Kids no Auditorio Sede Afundación os dÃas 21 e 22 de outubro, onde participarán máis de 1000 rapaces. Previamente realizarase un traballo conxunto nos centros educativos. A tempada lÃrica 2025 contará ademais cunha gala que se celebrará o 24 de novembro, tamén no Teatro Colón e que estará protagonizada polo sopranista venezolano Samuel Mariño, na que será a súa primeira visita a Galicia, e pola première de 'Pélleas et Mélisande', a única ópera composta por Debussy, que servirá para clausurar a edición deste ano o 5 de decembro nese mesmo escenario. A programación complétase cun curso de interpretación vocal, catro concertos gratuÃtos do Ciclo LÃrica Inclusiva e varias proxeccións durante o mes de novembro, entre elas dous filmes na Filmoteca de Galicia: In The Mood For Love, de Wong kar-Wai e Carmen, de Francesco Rosi.