Hoxe comeza en Santiago de Compostela a 12ª edición de Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas organizado pola ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude e a asociación Escena Galega. A nivel profesional o evento ten xa concretadas máis de 500 reunións entre compañÃas galegas e representantes de festivais, circuÃtos e espazos de exhibición de toda a penÃnsula. Este ano a feira congrega 225 profesionais da programación, distribución e produción de espectáculos coa prioridade de favorecer a contratación dentro e fóra da nosa Comunidade das novas propostas das formacións escénicas de Galicia. Ademais o programa inclúe ata 21 representacións de teatro, danza e circo para as que é posible asistir ao público en xeral de xeito gratuÃto previa retirada de convite e en función da dispoñibilidade, sendo algunhas delas en espazos públicos da cidade. Tamén haberá lugar para o debate en dúas mesas redondas sobre as boas prácticas na distribución e o relevo profesional e xeracional no ámbito da programación escénica, asà como para a música cun concerto do grupo Capital Voskov.
As actividades darán comezo hoxe ás 12,00 h no Salón Teatro, onde Aurora Artes Escénicas porá en escena Maruxiña, unha comedia para público familiar con música en directo. Seguiralle a primeira das sesións de presentacións breves, que terá lugar ás 13,30 h. no Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde estará instalada asemade a oficina de coordinación do evento. Nesta quenda, participarán Chévere co proxecto A' derradeira leición do mestre', Sarabela Teatro con 'A metamorfose', Teatro do Noroeste con 'Manual de patronaxe', Cinema Sticado con 'Oh, mammi blue!' e Barrosanta xunto a ButacaZero con 'Xoguetes rotos'. Xa pola tarde, Iria Pinheiro representará a montaxe autobiográfica e de denuncia Vitória ás 16,30 no Teatro Principal, mentres que a danza chegará a esta carteleira con Colectivo Glovo e a peza Trïade, ás 18,00 h. na praza de Mazarelos, e La Guajira con Anfibia, ás 18,20 h. na Igrexa da Universidade. Esta primeira xornada de Galicia Escena PRO pecharase ás 20,00 h. no Salón Teatro con Ubasute, espectáculo de Berrobambán a partir do texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. A programación do resto do evento está dispoñible na web de Galicia Escena Pro.