
Xustamente o disco ábrese con 'Non quero perderte', unha das cancións que conta con importantes colaboracións e que foi lanzada como un dos adiantos. Cantada integramente en galego, a canción reúne as voces únicas de Eva Amaral e Fillas de Cassandra. A canción formou parte orixinalmente do álbum 'Están ustedes unidos' de 2011. Con produción a cargo do propio Eladio Santos, 'B.S.O. 2005 - 2025' gravouse cos músicos tocando xuntos en directo, acadando un son completamente diferente, fresco e vital. Ademais diso os arranxos, dando máis protagonismo ao piano en varias das pistas, apoiándose moito nas partes instrumentais e explotando a intimidade da voz de Eladio, acada un ambiente Ãntimo e profundo. Sobre o disco Eladio, compositor de todos os temas, sinala: "BSO é a nosa historia en cancións, a Banda Sonora dos nosos 20 anos e é Orixinal porque ten o seu son e universo persoal. É unha pequena e modesta historia pero ten luz propia, por iso quizás ninguén a puido apagar".
O talento demostrado por Eladio y Los Seres Queridos nestes vinte anos quedou fixado, non só polo recordo dalgúns dos seus temas máis destacados como 'El tiempo futuro', 'Miss Europa' ou 'Con el corazón en la mano', por poñer só tres exemplos que podemos atopar revisados neste novo traballo, senón tamén a través de recoñecementos con candidaturas e premios tanto a nivel galego coma estatal; acasdando o Premio Maketón Los 40 Principales 2011 a Mellor Disco por 'Están Ustedes Unidos', o Premio MartÃn Códax da Música Galega a Mellor Grupo Indie/Pop en 2013 e 2018 e o Premio MIN de la Música Independiente 2017 a Mellor álbum en galego por 'Cantares'.
A finais de verán estará dispoñible este 'B.S.O. 2005 - 2025' en formato fÃsico de vinilo. A banda xa ten datas confirmadas de presentación en directo, a primeira delas o vindeiro 20 de xuño no Festival Musicamino de Vilafranca del Bierzo (León), e arestora as primeiras datas confirmadas en terras galegas sinalan cara o outono, sendo a primeira o 3 de outubro no Teatro Afundación de Vigo (entradas xá a venda) e o 10 de outubro na Sala Riquela de Santiago de Compostela.