
Tras trinta anos en activo, Silvia Superstar e Billy King seguen a manter a esencia de The Killer Barbies, a banda coa que desde Vigo proxectáronse a todo o mundo. 'El Pop se autodestruirá en 4, 3, 2, 1..." (Subterfuge Records) é nome do seu novo disco, o sexto da súa longa carreira, que xa avanzaron en decembro co tema ' Quiero tu corazón y nada más', peosteriormente presentaron a que é unha versión propia dun coñecido tema de The Clash como 'Si me quieres o si no'. Guitarras potentes, teclados e a proposta dun son actualizado sen deixar de ser a banda de rock que sempre foron é a oferta deste novo traballo de dez temas que xa está dispoñible en plataformas dixitais. O vindeiro 20 de maio farán a presentación en directo na Sala El Sol de Madrid.
Ademais diso a banda está tamén de actualidade porque este trinta aniversario chega cunha biografÃa publicada baixo o brazo. Luis León Luri (Pamplona), asina o libro "Voy a matarte esta noche: La ruidosa y acelerada historia de Killer Barbies" (Applehead Team), una esperada revisión da súa traxectoria que está repleta de anécdotas, fotos e documentos inéditos na que participan moitos dos músicos e artistas que acompañaron á banda viguesa durante todos estes anos, nunha recollida de testemuñas orais que dan dimensión desa traxectoria de dimensión internacional que osm ten levado por escenarios de Xapón, Estados Unidos, Alemaña e parte de Europa.