Internet énchese de audiovisuais de cantareiras

Institucións e canles ofrecen de balde documentais sobre cantareiras

Institucións e canles ofrecen de balde documentais sobre cantareiras
Fotograma de Non canto por cantare
A TVG presentou en aberto a serie Non canto por cantare, dirixida por Irene Pin e producida pola cooperativa Aqueladas. A serie consta de cinco episodios que se poden ver en aberto no web da Televisión de Galicia. A serie está acompañada polo proxecto web noncantoporcantare.gal, no que se amosa a través dun mapa de grafos as conexións entre conceptos e persoas mencionadas na serie. Televisión Española puxo en aberto un documental realizado en 1983 sobre as Pandeireteiras de Mens (Malpica), que inclúe declaracións e interpretacións destas mulleres na parroquia de Mens. O documental estaba presentado pola histórica xornalista Tareixa Navaza. A Deputación de Pontevedra presentou onte a serie documental Mozas da miña aldea. As cantareiras e a poesía popular oral na provincia de Pontevedra, da que xa está publicado o primeiro dos cinco episodios. Baixo a dirección de Luís Prego e a edición de Diego Bea, participan investigadoras con coñecemento experto e cesión de material xunto con numerosas cantareiras e agrupacións da provincia de Pontevedra. O proxecto presenta un mapa de informantes da Provincia. O primeiro episodio vai ao redor dos seráns de Toutón. Na rede o Consello da Cultura Galega publicara tamén en 2023 a serie documental Axudádeme a cantar

Mira o primeiro episodio de Mozas da miña aldea