O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura), celebra a súa vixésimo segunda edición cunha renovación de modelo e un adianto de datas. O evento celebrarase entre o 1 e o 6 de xullo e volve ás rúas, coa proposta de xerar espazos de intercambio entre a cidadanía e os artistas nos que compartan e reflexionen sobre o seu traballo. Ademais desde este mesmo luns 5 de maio dá comezo o programa Curtocircuíto Campus, que ata o 13 de maio levará a cabo actividades dedicadas en exclusiva á alfabetización audiovisual, a creación de novos públicos e a formación en xeral. Cada edición, máis de 2.000 estudantes participan nestas actividades que reforzan o espírito fundacional do evento.
O novo modelo de festival combinará a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público de Santiago durante eses días do verán. As prazas e as rúas da cidade servirán como anfiteatros naturais nunha aposta por devolver o espazo público á cidadanía e ofrecer alternativas á imaxe máis turística da capital galega. Na súa próxima edición, as actividades de Curtocircuíto desenvolveranse en espazos xa coñecidos como o Auditorio de Galicia, Teatro Principal, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC ou a Facultade de Psicoloxía e emprazamentos históricos do festival como a Praza da Quintana ou a Praza de Praterías.
O festival ven tendo diferentes datas ao longo da súa historia, comezando no verán, para despois pasarse ao outono pero mantendo en agosto unha programación de rúa; posteriormente pasaría á primavera e volvería ao outono, ata este novo cambio. Desde o Concello da capital galega aseguran que o cambio de formato o festival recupera a súa identidade orixinal e ofrecerá unha proposta curatorial que non priorice a novidade e a competición senón o intercambio entre a comunidade creadora e a veciñanza. Curtocircuíto, segundo afirman, quere seguir sendo un punto de encontro cultural como xanela para o intercambio de coñecemento e experiencias locais e internacionais, á vez que se converte tamén nun atractivo lúdico para a programación cultural da cidade na época estival. O festival manterá unha programación internacional e interdisciplinar que seguirá tendo o cinema como eixo principal. Ademais de manter as seccións competitivas Planeta GZ, Supernova e Cosmos, o encontro e convivencia entre artistas, cineastas e público serán o punto de partida para xerar lugares de debate, reflexión e coexistencia co público fóra das estruturas competitivas.