No marco da conmemoración do 75 aniversario do falecemento de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao a Xunta de Galicia ven de anunciar a publicación de obras para contribuÃr a divulgación da figura e da obra do polÃtico, escritor e artista. AsÃ, o Goberno galego apoiará a publicación, por vez primeira na historia, da dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse'. O goberno autonómico farao en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a Fundación Castelao e Galaxia. Precisamente, con esta editorial, que tamén está a celebrar os seus 75 anos de existencia, levará a cabo a publicación da correspondencia inédita do escritor de Rianxo.
Ademais destas dúas importantes obras, o Goberno galego apoiará a edición dos discursos institucionais de Castelao da man da Fundación Castelao e tamén levará a cabo a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936, en colaboración co Instituto Padre Sarmiento. Engadiranse á esta listaxe de publicacións prevista ao longo deste ano, a incorporación de fondos dixitalizados sobre o autor de Sempre en Galiza na Biblioteca dixital de Galicia, Galiciana Este listado de futuras publicacións deuno a coñecer hoxe o secretario xeral da Lingua, ValentÃn GarcÃa, na presentación dunha destas obras, 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis.