
O xurado destacou desta comedia iraniana feita con stop motion como "une técnica, fondo e forma para remitir a memorias infantÃs" e o seu "espÃrito conciliador". Triple oh! recibiu unha mención especial pola súa "frescura, descaro e o plantexamento de situacións inverosimÃles e libres", valores que lle reportaron tamén o Premio do Público.
A Mellor Dirección foi a do canadiense Alec Pronovost, pola serie de comedia J'adore le jus. O xurado destacou "a dirección dunha serie que combina xéneros dun xeito brillante e, aÃnda co seu exceso de testosterona, amosa unha masculinidade que resulta non ser tóxica como outros produtos contemporáneos". Houbo tamén unha mención para My Dead Mom.
Rebelico Revista, proxecto multimedia sobre a cultura tradicional galega, obtivo o premio a Mellor Canle, dotado con 600 euros. O xurado, composto por Marta Pérez, Andrea Villa e MarÃa Rúa, valorou a calidade do pitching do proxecto e a "profesionalización da canle no último ano que mellora significativamente a súa calidade".
Na categorÃa de Mellor Creadora, coa mesma dotación, o galardón foi para a tiktoker e creadora de contido Sara Seco polo seu "saber monetizar a desgraza, facernos rir con contido de lifestyle e da súa aventura no xulgado de Rianxo, asà como explicar con calidade o seu proxecto creativo".
O premio á Mellor Produción, que recoñece proxectos en desenvolvemento con 3.000 euros foi para Epidemia Invisible, do xornalista Román Varela. O xurado, composto por Xosé Regueira, Sonia Méndez e Bea Saiáns, valorou esta produción que aborda o tema da problemática da saúde mental en Galicia a mesturar testemuñas e investigación.
Finalmente o Xurado Novo, formado por Celia Eiras, Lara Caeiro e AntÃa Rodeiro galardoou a serie galega A moza que abortou e o contou, da directora Eire Cid, que xa levara o Premio á Produción en 2023. O comité outorgoulle tamén unha mención especial a Ça prend pas la tchas à Papineau.