Doce proxectos musicais acadan as axudas da AGADIC

Reparten 150.000 euros como apoio a gravación e lanzamento de novos traballos

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) ven de facer pública a concesión de subvención para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical que, desta volta chegará a 12 beneficiarios con importes de ata 15.000 euros. Das 33 solicitudes recibidas nesta convocatoria foron admitidas a valoración 20 delas e finalmente o orzamento de 150.000 euros previsto nas bases para dúas anualidades repartiuse en unha ducia de propostas diversas.Na listaxe podemos atopar algúns dos nomes con máis presenza da escena galega actual como Mondra, Fillas de Cassandra, Grande Amore, A banda da Loba ou De Ninghures, Marcos Coll ou Filloas, entre outros. As axudas van para cubrir nalgúns casos as gravacións de traballos, as presentacións e difusións dos directos e o seu lanzamento.