
As accións previstas pola Xunta de Galicia estenderanse desde Estados Unidos a Brasil, Arxentina, Alemaña ou HungrÃa "abordando a vida e obra de Castelao desde moi diferentes perspectivas e propostas variadas". AsÃ, na Casa de Galicia de Nova York conmemoran esta efeméride lembrando a súa estadÃa durante dous anos na cidade onde escribiu unha parte de 'Sempre en Galiza', completou a obra 'Os vellos non deben de namorarse' e plasmou os 'Debuxos de negros'. Ademais, foi o inspirador da propia Casa de Galicia, contribuÃndo á unión dos galegos residentes nesta urbe.
Por outro lado, o Centro de Estudos Galegos de BaÃa proxectará un audiovisual sobre a súa figura, mentres que en Sao Paulo daranse a coñecer a investigación da profesora Valeria Gil. Asà mesmo, en Bos Aires organizouse unha ruta polo centro da cidade que permitirá revisar os momentos relevantes da biografÃa de Castelao e o seu estreito vencello coa capital arxentina. A isto sumaránselle outras actividades como clases presenciais sobre Castelao na Facultade de FilosofÃa e Letras.
Xa en Europa, o Centro de Estudos Galegos de Budapest ofrecerá varias conferencias sobre Castelao relacionadas coa identidade galega e a lingua. En Heildeberg programarán unha sesión especial con diversas actividades sobre a figura e obra do homenaxeado co fin de comprender mellor o seu contexto histórico. Mentres, en Kiel centrarán as súas propostas en repasar os capÃtulos que se refiren a Alemaña do Diario 1921 no que Castelao plasmou as súas impresións na viaxe que fixo a este paÃs, xunto con Francia e Bélxica.