Dispoñible o catálogo de Galix 2025

Inclúe 120 novidades editoriais de literatura infantil e xuvenil

Xa está accesible para descarga o novo catálogo da Asociación Galega do Libro infantil e Xuvenil (Gálix). O novo catálogo reúne 120 libros publicados por 20 editoras, con "todo tipo, formatos e deseño, destinados ao público lector máis novo pero tamén para quen goza da lectura como tempo libre". O obxectivo do catálogo é a proxección internacional da literatura infantil e xuvenil galega. Para David Cortizo, presidente de Gálix, "precisamos que axentes literarios e editoriais de todo o mundo coñezan a nosa produción anual, pero o catálogo tamén supón unha ferramenta moi útil para as persoas que prescriben e recomendan lecturas, para o profesorado ou para os estudosos".