A editorial Galaxia publica Vilapaspán, primeira incursión do escritor e xornalista Rodrigo Cota no campo da banda deseñada. Con debuxos de Fernando Tomé, esta obra para público infantil e xuvenil presenta unha aldea na que cada habitante conta con algunha peculiaridade. O proxecto, de 60 páxinas, pretende ser o primeiro dunha serie que seguirá a desenvolver este mundo.
A firma continúa a súa aposta pola novena arte e presenta tamén Sentinelas no limiar das tebras. A obra, segunda da serie que asinan Alexandre Senande, Ozo Perozo e Andrés Castro, continúa as aventuras de Lara, Sabela e Xurxo, desta volta a tentar desmontar o malvado plan dunha meiga que pon en perigo as crianzas da vila.
Outra editora que tamén o seu interese pola BD Aira Editorial, que presenta a nova obra de Ana Moreiras. A pausa. Diario do confinamento 2020-2025 compila os contidos que a autora elaborou en tempo real desde a pandemia nun volume de 104 páxinas. Canda a el, chega á librarÃas, desta volta da man de Aira Editorial O campionato de water polo do rÃo Mara. AgustÃn Agra e Fon presentan esta historia para público infantil no que se narra a tentativa dun equipo de rapaces por se impor nunha singular competición que dominan os crocodilos.
En paralelo, un veterano da autoedición, Hugo Covelo, recunca nestes formatos con Hay que joderse!, obra que lanza con guión de Randy Billy e que presenta unha historia que parodia tropos clásicos de ciencia ficción nun volume de 28 páxinas. Fintalmente, Xerais está a facer chegar ás librarÃas volumes 2 e 3 da aclamada serie Heartstopper, de Alice Oseman, que ten prevista a cuarta entrega para o vindeiro mes de xuño.