Unha exposición colectiva reflexiona sobre o trastorno narcisista

A mostra 'Narcisa e os monos voadores' reúne oito artistas en Fonseca

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Unha exposición colectiva reflexiona sobre o trastorno narcisista

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela acolle a exposición 'Narcisa e os monos voadores', un proxectivo expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista xestado por Ana Costas para oito artistas. A mostra consta de oito pezas, resultado da interpretación dos 8 conceptos que se lle asignou a cada artista e unha peza en son que reproducirá en bucle a voz da súa propia creadora, Rita Más Ibáñez: interpretación da 'Envexa' por Montse Rego, do 'Egoísmo' por María Xosé Díaz, da 'Mezquindade' por María X. Fernández, da 'Traizón' por Ana Costas, da 'Mentira' por Ricardo de Campos, da 'Vanidade' por Ruth Lodeiro, da 'Hipocrisía' por Marita Carmona, da 'Mediocridade' por Alma Pérez, e da peza poética sonora 'Narcisa' por Rita Más Ibáñez.

O narcisismo é un tema recorrente, presente e relacionado coa beleza, aínda que non a roce. O conflito que xera o debate da ‘Non Beleza’ manifestado a través da Arte, vén cuestionar a importancia ou non da mensaxe na expresión artística. Sobre todo isto pretende reflexionar o grupo de artistas intencionadamente ecléctico no que cadaquén parte dunha característica distintiva do narcisismo, contando co seu propio espazo, idea e acotación, á que pon os límites onde decide poñelos. Esta exposición pode visitarse ata o 26 de abril de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Puntos de inflexión

Puntos de inflexión

Montse Rego reflexiona sobre a orixe do ser humano na súa última exposición

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Montse Rego, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas