"Visións e enerxías desde a perspectiva das mulleres". Este é o tema principal sobre o que reflexionaron 165 mulleres procedentes de 25 países dos cinco continentes. O resultado é "Alfombra voadora" un proxecto interdisciplinar feito por mulleres e que as profesoras Anne Heyvaert e Iolanda Herranz coordinan en España. 16 galegas chegadas desde a literatura até o cinema ofrecen as súas olladas nunha exposición que se inaugurou o sábado en Madrid e que chegará a Galicia a través de diferentes fundacións.
Virginia Barros, Raquel Blanco, Berta Cáccamo, Tita Fraga, Dolores Gálvez, Anne Heyvaert, Blanca Silva, Lola Solla, Isabel Somoza e Ana Soler (con gravado); Uxía Blanco, Susana Fernández e Iolanda Herranz (con texto e imaxe); Olga Patiño, Ánxeles Pena, Luz Pozo e Luísa Villalta (con poesía). É a listaxe coa que as artistas galgas participan no proxecto Flying carpet; tapis volant; tapetto volante; fliegender teppich ou o que é o mesmo Alfombra voadora. E a participación das artistas galegas (as únicas representantes do estado español) está coordinado por dúas profesoras da facultade de Belas Artes de Pontevedra: Iolanda Herranz e Anne Heyvaert.
A idea da alfombra
"O proxecto naceu en Suíza por tres artistas de proxección internacional" explica Iolanda Herranz, unha das coordinadoras españolas do proxecto. Foi desde Suíza onde se propuxo que se traballase arredor dunha idea "visións e enerxías desde a perspectiva das mulleres". E aínda que é un proxecto artístico, tamén participan mulleres desde a perspectiva da política e da literatura.
A proposta presentouse durante o verán de 2002 e até marzo de 2003 estivo aberto o prazo de recepción de traballos. En total 165 artistas de 24 países chegados dos 5 continentes crearon a "alfombra" que voará por todos os países dos que se enviaron materiais a través das súas respectivas embaixadas. E este mosaico de diferentes procedencias supón parte da orixinalidade do proxecto. Nese sentido, Iolanda Herranz destaca que "nos encontramos ante un proxecto atípico porque está xerado polas propias artistas e ten unha repercusión mundial".
"O proxecto, explica Iolanda Herranz, ten as seguintes características: está integrado por mulleres, está xestionado por artistas e conta como fondo a comunidade económica europea". O proxecto non ten ánimo de lucro e, unha vez acabada a exposición, as artistas participantes cederán a súa obra a institución ou asociacións vencelladas coa cultura e coa arte.
¿Como tecela?
As 165 participantes do proxecto enviaron 30 mostras da súa obra (todos os trabalos se presentan como gravados, técnica que permite facer obra seriada, sendo todos eles orixinais) até Suíza. Unha vez en Suíza as coordinadoras do proxecto crearon carpetas iguais con todas as obras que enviaron vía embaixada a cada un dos países. Creáronse así 30 carpetas que rotarán por todo o mundo, amosando as diferentes olladas femininas.
A alfombra voa até Galicia
Unha desas trinta carpetas xa está en España. Concretamente no Salón Internacional de Gravado e Edicións de Arte Contemporánea, Estampa 2003 que se inaugurou o sábado en Madrid. Foi a primeira recalada dun circuíto de exposicións, que rotarán en toda España e que aínda se está a xestionar a través das fundacións. Alén diso, informa Iolanda Herranz, "nós, o que queremos facer, é que na inauguración haxa un festival de poesía e de música. Intervencións de poetas, de literatos..." Por outra banda, desde a organización preténdese facer coincidir a exposición coa celebración da Marcha Mundial das Mulleres que se celebrará en Vigo o vindeiro ano.