A actriz Finola Vázquez morre aos 95 anos

Fíxose moi popular en series como 'Rías Baixas' ou 'El Comisario'

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasAudiovisual
Compartir:
Finola Vázquez   Foto: AAAG

Finola Vázquez Foto: AAAG

O pasado sábado falecía a veterana actriz Finola Vázquez aos 95 anos de idade. Nacida en Neda en 1930, a interprete era coñecida entre o público por ter participado en series populares como 'Rías Baixas', 'Terras de Miranda', 'Gondar' ou 'El Comisario'. A intérprete tamén traballou no formato cinematográfico en películas como 'Los muertos van deprisa' ou 'Hotel Tívoli'. En 2001, foille entregado o Premio Agapi á mellor interpretación feminina de reparto. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fixo pública a lembranza da súa compañeira e trasladou as condolencias a familiares e amizades.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rías Baixas, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)