De interpretación, poesía, deseño e arquitectura. Cada quen conseguiu o seu premio. Para empezar, a actriz Rosa Álvarez fíxose co Maruxa Villanueva de interpretación teatral que convoca anualmente o concello de Padrón e que está dotado con 6.000 euros. En Ferrol, Luís Artigue e Maite Dono foron os gañadores da XXIII edición do premio Esquío de poesía, en lingua castelá e galega coas súas obras "O home de cristal e outros poemas" e "De silencios", respectivamente. pola súa banda José Ángel García López foi o gañador do premio Ramón Piñeiro de ensaio breve polo seu traballo "Ideas sobre a lingua galega de Manuel Murguía". Outro premio foi para o deseñador madrileño José Manuel Puga Molina tras gañar o II Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Adegas Terras Gauda e dotado con 6.000 euros. E para acabar coa listaxe de premios desta fin de semana, a arquitecta Izaskun Chinchilla gañou o premio Europan cun proxecto urbanístico para o polígono de A Pulleira en Santiago por conxugar o respecto ao entorno, a vivenda e a actividade empresarial. Premios para todos os gustos.
Máis información sobre o premio Esquío no Diario de Ferrol; sobre o premio Francisco Mantecón en El Correo Gallego; sobre o Maruxa Villanueva en Galicia Hoxe e sobre o premio para o polígono de A Pulleira en La Voz de Galicia