O documental Lévame a idea reivindica ás mulleres que preservan a música popular

Estréase este sábado 15 de marzo ás 19.30 en Vilalba

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
O documental Lévame a idea reivindica ás mulleres que preservan a música popular

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba acolle este sábado 15 de marzo ás 19.30 a presentación do documental Lévame a idea. Dirixido por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso, da cooperativa Navíos e Folerpas, o documental "reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva". En Lévame a idea participa unha moi estensa nómina de cantareiras, docentes, divulgadoras, artistas e compiladoras ao redor da música popular e a canción tradicional. O documental dura 100 minutos e a entrada é de balde (previa reserva no web municipal).

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A suma das partes

A suma das partes

Inversa Teatro escenifica e grava unha montaxe que afonda no papel das mulleres

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Mulleres, Vilalba, Poesía...

Claves

Lugares