Xoán Bernárdez Vilar doa a súa biblioteca céltica á Fundación Plácido Castro

O autor empregou estes libros para a creación de moitas das súas obras

Xoán Bernárdez Vilar
Xoán Bernárdez Vilar
O escritor Xoan Bernández Vilar (Marín, 1936) vén de doar parte da súa biblioteca á fundación Plácido Castro. En concreto, 250 exemplares en varias linguas de fondos relativos a temas célticos, artúricos, nórdicos e en xeral da cultura anglosaxoa, empregados polo autor para a confección das relevantes obras de ficción, ensaio e investigación nas que abordou estas temáticas. Bernárdez Vilar abordou estas temáticas xa desde os anos 80, con novelas sobre as navegacións e das relacións atlánticas como Ouveade, naves de Tarshish! ou No ano do cometa, pero tamén en ensaios sobre a Ora Marítima, o periplo marítimo escrito por Rufo Festo Avieno, a Xeografía do mito de Tristán e Iseu ou O rei Arturo: Mito e realidade(2005) entre outras moitas. O venres 14 de marzo ás sete do serán será o acto de agradecemento público na fundación Plácido Castro de Cambados.