O CEIPP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda acollÃa na mañá deste 10 de marzo a presentación da Primavera das Letras. O programa didáctico co que a Real Academia galega achega a celebración do 17 de maio ao público escolar botou a andar coa estrea, a cargo do alumnado deste centro, da obra teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), escrita por Paula Carballeira, que se pode descargar no web da iniciativa nunha edición ilustrada por Nuria DÃaz.
A montaxe da que foi Premio Nacional de Teatro artéllase a partir dun programa de radio que artella un grupo de rapazas, e na mesma aparecen tamén personificadas as homenaxeadas no DÃa das Letras. Segundo explica Carballeira, co texto "quixen establecer un diálogo entre o pasado e o presente, que sempre acaba en futuro, darlles vida escénica ás cantareiras que homenaxeamos".
Canda a isto, o web da Primavera das Letras achega, como é habitual, diferentes pasatempos interactivos, fichas para dar cor, imaxes descargables e outros contidos didácticos arredor da celebración que se dedica este ano ás cantareiras. Segundo explicou a académica Fina Casalderrey, coordinadora do programa, na presentación "hoxe estreamos a Primavera das Letras 2025, coma quen inaugura unha fermosa ponte. Unha ponte máxica, feiticeira, que comunica a RAG coas nenas e nenos dos colexios de infantil e primaria de toda Galicia".
A elección de Cerceda para presentar a iniciativa responde a que na aldea da Vila da Igrexa deste concello naceron e viviron gran parte da súa vida Adolfina e Rosa Casás Rama, dúas das cantareiras nas que a RAG personifica a conmemoración do vindeiro 17 de maio. Canda a elas, a data homenaxeaa Eva Castiñeira, de MuxÃa, e Manuela Lema, Teresa GarcÃa Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños). A RAG desenvolve este proxecto co apoio da Deputación da Coruña.