Gogue exporta os seus deseños a Hollywood mentres Xan López Domínguez ilustra unha colección de contos clásicos

Debuxos fóra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dous debuxantes galegos están a exportar estes días o seu traballo fóra das nosas fronteiras. Por unha banda o caricaturista Gogue verá unha das súas creacións coma icona do film “Unwated fa” que está a finalizar a súa rodaxe en Estados Unidos. Trátase da figura dunha robusta muller feita con pasta de papel que o protagonista da película lle agasalla á súa dona para a torturar. Mentres, Xan López Domínguez foi o artista seleccionado para ilustrar o conto “O gato con botas” que acaba de publicar o grupo editorial Edebé en todo o Estado dentro da súa colección “Contos Tradicionais”.

Máis información sobre o proxecto de Gogue en Galicia Hoxe; sobre o traballo de Xan López Domínguez en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xan López Domínguez, Contos, Clásicos, Hollywood...