Filmanova produce un filme sobre as diferencias culturais do camiño de Santiago

Películas e documentais de dentro e fóra

19/6/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha xaponesa, unha brasileira e un holandés contan as súas experiencias no camiño de Santiago. É o argumento de “Whitin The way without” ("Dentro e fóra do camiño") que produce Filmanova dirixida por Laurence Boulting e está en fase de rodaxe. A súa estrea está prevista para o 25 de xullo. E hoxe preséntase en Carnota o documental “Illa de loito” que pretende contar en primeira persoa os efectos reais que ocasionou o vertido do Prestige. O documental, de 35 minutos de duración, foi dirixido por Carlos Hervella e ten guión de Manuel Barbeito. O traballo ten versións en galego e castelán e foi realizado por “Produccións Vigo”.

Máis información sobre a película de Filmanova en La Voz de Galicia e sobre o documental en Galicia hoxe e no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filmanova, Documental, Vigo, Camiño de Santiago...