A empresaria Thais de Picaza foi reelexida un mandato máis como presidenta da Asociación de Amigos do CGAC

Os amigos do CGAC

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
En 1997 Thais de Picaza foi elexida presidenta da Asociación de Amigos do CGAC, un feito supuxo un atraer o interese do mundo empresarial á arte. E todo o traballo que desenvolveu ate o día de hoxe foi determinante para que a Asociación de Amigos a reelexise como presidenta por unanimidade. Alén da votación, na xuntanza celebrada o venres decidiuse aumentar a cota de socios protectores, crear a figura da "Familia antiga" e a de "socio xubilado". Na reunión informouse tamén dalgúns proxectos como a participación do CGAC no Museum of Pure Form, unha iniciativa europea que se presentará en xaneiro.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)