
No volume, de 56 páxinas a cor, a protagonista tentará parar os roubos do mavado Blake The Tiger coa axuda de Libro, Dragoneta e Seara. A obra verá a luz en galego en vindeiras datas da man de Edicións Xerais.
Pola súa banda, a ilustradora Sarai Lorenzo debuta na BD con Erea e as agullas máxicas. A protagonista desta historia investiga o perigo que axexa a sua aldea e que fai desaparecer os libros da biblioteca local. A obra ve a luz baixo o selo Antela Editorial. Dinocarreras, á súa vez, é o novo traballo de LucÃa Cid, unha obra na que Nellie tentará salvar o seu dinosauro gañando unha carreira. O volume de 128 páxinas chega ás librarÃas da man da editorial Astronave.
O catálogo de BD galega amplÃase tamén con novas traducións. Figurandorecuerd(o)sedicions continúa a verter para a nosa lingua traballos do francés Troubs e presenta Pensar paralelo. A obra narra as experiencias do autor en Madagascar e Australia con diferentes comunidades indÃxenas, a alternar historias das dúas localizacións.
Demo Editorial, pola súa banda, anuncia unha edición na nosa lingua de Black is Beltza. A BD con guión de FermÃn Muguruza e debuxo de Arkaitz Kano acompaña a Manex, un mozo vasco que descobre diferentes músicas e espazos de rebelión de boa parte do mundo entre os anos 60 e 70. A editora xa publicara a segunda parte deste proxecto, que conta tamén con versión animada.