A primeira edición do certame literario Jaime Olmedo Limeses, que convocan AvÃcola de Galicia (Avigal) e Antela Editorial, ten xa gañador. Ramón D. Veiga impúxose no certame, dedicado á novela infantil, coa obra Pernascochas, e recibirá un premio en metálico de 3.000 euros.
Segundo explica a organización, "a obra conta a historia de Marcelina, unha nena peculiar, que lle propón a Martiño tres retos para que este poida conseguir a súa amizade: un que a sorprenda, outro que a faga rir e outro que a faga chorar como nunca antes chorara". O xurado do premio, composto por profesionais da editora, destacou a alta calidade das propostas que se presentaron ao certame.
Veiga ten publicado traballos no campo da literatura infantil e xuvenil como Violeta quere ser vampiro, Un conto do SamaÃn, É tempo de Entroido, Gloria ou a serie de banda deseñada Miñoca.