O Día de Rosalía será un día grande

A Fundación da escritora, a cidade de Santiago e a asociación de escritores impulsan a celebración

A Fundación da escritora, a cidade de Santiago e a asociación de escritores impulsan a celebración
As programacións para celebrar o Día de Rosalía de Castro, o vindeiro domingo 23 de febreiro, amosan un ano máis a forza que esta data ten. No epicentro da festa de homenaxe á escritora, na Casa Museo xestionada pola Fundación que leva o seu nome en Padrón xa está todo preparado paraq levar a cabo os festexos que comezarán en Santiago e seguirán en Padrón con cabezudos polo centro da vila e degustación de Caldo de Gloria polos locais hostaleiros de Padrón, ofrenda floral e á noitiña degustación de Caldo de Gloria na Casa de Rosalía con Alberto Carou, cociñeiro do Curral do Marqués (Rianxo). Para rematar cun concerto no auditorio da Casa de Rosalíaa cargo de Antía Muíño. "Saúde e terra!" é o lema escollido desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os actos que impulsan pola data. Nesta edición de 2025 Marga do Val é a persoa encargada da redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas de concellos, asociacións e centros de ensino. Ademais diso, como xa se anunciou , a capital galega celebrara o Festival Rosalía durante tres días, mesturando os actos cos de estas entidades.