A editorial vasca Astiberri anunciou a publicación en galego a obra O corpo de Cristo, obra coa que Bea Lema obtivo o Premio Nacional de Banda Deseñada en 2024. O volume conta con tradución de Ledicia Costas e permitirá coñecer na nosa lingua unha obra da que xa se puidera ler a versión preliminar coa que a autora se fixo co Premio Castelao de Banda Deseñada en 2017.
Canda a esta, está a chegar ás librarÃas o novo traballo de Pablo Carreiro no campo da BD. Xirarei propón un percorrido pola cultura do paÃs a través dunha viaxe protagonizada polo propio autor e o seu can. A proposta, que chega dan man da editorial Cuarto de Inverno permite ao lector "gozar de anécdotas cotiás con moita chispa ao tempo que descobre lugares máxicos, tradicións ancestrais e personaxes entrañables".
Tamén o guionista vigués David Braña ten novo traballo, no que colabora co debuxante arxentino Pahito. Tamia y las memorias del dragón, publicado por Unrated Cómics, narra as aventuras dunha nena de 12 anos que vive aventuras nunha aldea na que se fai amiga dun dragón.
O tamén vigués Norberto Fernández, á súa vez, continúa o seu traballo na serie Historia de la humanidad en viñetas. O volume sete da colección, dedicado á crise da Baixa Idade Media, é a segunda entrega que asina neste proxecto da editorial Espiral, logo do dedicado a China.
As estas propostas súmase a reedición de Os lobos de Moeche, obra que a estreou o seu traballo Demo Editorial, que ve a luz cunha nova capa e contidos extra, entre eles a historia curta A torre dos Mouros.