O escritor Alfredo Conde fÃxose co Premio Puro Cora de xornalismo que convoca o grupo El Progreso. O xurado, integrado polos directores e directivos deste grupo de comunicación, tomou a decisión por unanimidade, en recoñecemento a "toda unha traxectoria literaria e xornalÃstica de gran altura, como o corrobora o seu Premio Nacional de Literatura e tamén o premio Nadal". O xornalista agradeceu o premio e asegurou ter escrito "máis de 20.000 artigos en distintos diarios en só 30 anos". O premio está dotado con 10.000 euros.