Entre canteiros, curas e xastres

Publícanse os contos de tradición oral recollidos por Dorothé Schubarth

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un dos informantes. Fondo Schubarth-Santamarina. APOI / Museo do Pobo Galego

Un dos informantes. Fondo Schubarth-Santamarina. APOI / Museo do Pobo Galego

A profesora Carme Hermida editou no último número dos Cadernos de Lingua da Real Academia Galega os contos de tradción oral recollidos por Dorothé Schubarth durante o proceso de gravación do Cancioneiro Popular Galego. Trátase do material transcrito e investigado desde o punto de vista lingüístico dun conxunto de relatos recollidos en cinco cintas casete a veciños de Lousada (Pedrafita do Cebeiro), Callobre (A Estrada), Cuntis e Dumbría. Os contos abordan numerosas historias humorísticas sobre canteiros, xastres, curas, proxenitores, animais e doutras temáticas. Algúns dele, como Manuel, de 85 anos, teñen a "prestancia narrativa dun fistor". Schubarth encargáralle a Carme Hermida a transcrición e edición destas vintedúas historias, recollidas nos descansos das sesións de canto.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Dorothé Schubarth, Tradición oral, Narrativa...