¿Imaxinan a unha anciá psicópata atacando a un grupo de adolescentes? ¿Gustaríache ver como unha moza cambia a vida monótona dun zapateiro?... son algunhas das historias que directores noveles e non tan noveles quixeron plasmar nas súas curtas. E son tamén os traballos que o Consorcio do Audiovisual quere dar a coñecer a través dun programa de promoción da curtametraxe. Son as Curtas 03.
Novembro 2002. O Consello de dirección do Consorcio do Audiovisual decide nunha reunión convocar un concurso co obxecto de promover e difundir as curtametraxes realizadas no último bienio en Galicia. Abríase así unha etapa na que cumprían cun dos obxectivos que teñen encomendados e que figuran nos seus Estatutos divulga-las obras audiovisuais galegas no propio territorio, no Estado Español, en Portugal, na Unión Europea e en tódolos territorios onde existan comunidades galegas.
Iniciábase así o camiño de elaborar un catálogo e unha vía de distribución das curtametraxes, un producto audiovisual difícil de mover por si só.
Maio 2003. A idea do Consorcio toma corpo e aparece publicado no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do que era Curtas na versión 03, que indicaba de entrada, unha vocación de continuidade. Desde entón directores e productores envían os traballos feitos desde xaneiro de 2001 e decembro de 2003 para formar parte dunha iniciativa que xa se estaba a experimentar noutras zonas do Estado como o País Vasco.
Xullo 2003. Remata o prazo de inscrición, e con todas as solicitudes recibidas unha comisión de selección (integrada polo xerente do Consorcio Audiovisual, Ignacio Varela, un vocal en representación do CGAI e dous vocais nomeados entre expertos do sector audiovisual e un secretario) establecen dous grupos. Un primeiro grupo, chamado Catálogo I, formado por 20 curtametraxes que se difundirán, segundo figura nos estatutos, entre os sectores e institucións involucrados na actividade audiovisual de Galicia. É dicir, os eventos cinematográficos máis importantes de Galicia, as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (en Carballiño), o Festival de Cine Independente de Ourense e Cineuropa en Santiago. O segundo grupo, chamado Catálogo II, estaría composto por catro traballos para a súa difusión nos foros e festivais máis importantes do eido nacional e internacional. E eses festivais son o Festival Cinema Jove e o Clermont Ferrand (unha referencia imprescindible no mundo da curtametraxe), na Semana de Cine Galego en Bos Aires (do 4-10 de cembro) e no XI Fetival de Cines de España e América Latina de Bruxelas.
As escollidas. A calidade da realización da curtametraxe, a dirección e a interpretación. A calidade do guión e o interese da curtametraxe e valorarase especialmente a súa contribución a novas propostas cinematográficas Son, segundo figuran nas bases os criterios para escoller os traballos que formarán parte dos dous catálogos. O resultado é o seguinte.
Catálogo I: A Subela (Luís Avilés Baquero); Os Crebinsky (Enrique Otero); O trasto (Rafael Calvo); Ciclo (David e Tristán Ulloa); Taxia (David Robles); Meigallos; sombras e papas de arroz (Tomás Conde e Virxinia Curia); Di algo (Luís Detell); A Escola das Areas(Tomás Conde e Virxinia Curia); Bobo furcia (Alex Sampayo e Pekas); As loiras os prefiren cabaleiros (Alex Sampayo) e Trofeo (Emilio José Álvarez).
Catálogo II: A Subela (Luís Avilés Baquero); Ciclo (David e Tristán Ulloa); Meigallos; sombras e papas de arroz (Tomás Conde e Virxinia Curia) e Taxia (David Robles).
Son moito máis que títulos e traballos que van desde os 4 até os 40 minutos de duración. As curtas son, sobre todo, grandes ideas contadas en pouco tempo que son todo un alarde de creación, de imaxinación e de voluntarismo e que a raíz de programas como Curtas 03 son máis vistas polo público e por outros profesionais en eventos especializados. Luís Avilés director e guionista de A Subela, unha curta seleccionada para os dous catálogos, destaca que o teu traballo se vexa é o mellor pago que se pode facer á xente que estivo traballando durante 5 días unhas 17 e 18 horas. Xa non só os 105 euros por pase (cun máximo de 1.050 por traballo) que se reciben, senón pola posibilidade de facer chegar as túas ideas a moitos puntos que doutro xeito pode ser que non chegaran.
Novembro 2003. A idea de Curtas 03 foi ben recibida entre os profesionais do sector. Paréceme que era o que facía falta despois das subvencións para promover a curtametraxe en Galicia afirma Luís Avilés. É máis, apunta que é unha iniciativa encomiable do Consorcio Audiovisual e, achega o seu gran de area ofrecendo posibles formas para enriquecela. Podería mellorarse para que houbese contacto entre os creadores das obras e os sitios aos que vai. Así podería iniciarse un contacto no mundo do audiovisual que para os creadores de curtametraxes é inaccesible polo custoso que é achegarse ata alí.
Ademais, os directores consultados tamén botan de menos que na nómina de festivais aos que se vai presentar Curtas 03 non figuren os Goya, a festa por excelencia do cine español e que ten unha espacio dedicado á curtametraxe.
O futuro. Pero hai máis, o Consorcio do Audiovisual, con dous anos escasos de vida continúa paseniñamente no seu traballo en favor do audiovisual. A participación en Cinedays; as actividades de formación e a convocatoria de bolsas para formar aos profesionais do sector audiovisual son algúns dos actos organizados para potenciar o desenvolvemento do sector.